TOIMIL en Estados Unidos e Reino Unido
GRÚAS TOIMIL conta cunha importante presenza no mercado nacional dende o ano 1983 e foi medrando paulatinamente a nivel internacional, acadando unha importante presenza comercial en máis de 10 países do mundo, entre os que se atopan Portugal, Perú, Dinamarca, Estonia, Colombia, Venezuela, Francia, Bélxica, Italia, Cuba e Irán.
A solidez deste proxecto de internacionalización permite a GRÚAS TOIMIL continuar o seu afán de expansión competindo en mercados con importantes esixencias que logo son trasladadas á mellora continua dos produtos. Por iso, GRÚAS TOIMIL plantexouse como obxectivo a corto prazo introducirse en dous mercados tan importantes e competitivos como son EE.UU. e o REINO UNIDO.
Debido a súa desenrolada economía nos sectores industrial, mariño e forestal, a inclusión nestes novos mercados supón un importante potencial de consumo de grúas. Trátase de dous países cun gran tecido industrial e con rápidas comunicacións que permitirán un fácil acceso e distribución dos produtos.
Esta liña de expansión supón un proxecto industrial que incluirá a venta de grúas industriais, mariñas e forestais mediante o establecemento dunha rede de distribuidores ao largo de toda a xeografía de EE.UU. e do REINO UNIDO.